Últimas noticias
vie
12
oct
2012
III Festival de Patchwork
O III Fetival de Patchwork terá lugar os próximos días 12 e 13 de outubro en Moaña, na Sala de Exposicións da Praza de Abastos, situada no paseo marítimo.
Este ano, o Festival contará con dous tipos de concursos:
1) Concurso-exposición tema libre. Para este concurso, establécense os seguintes premios:
- Primeiro premio absoluto á mellor obra
- Segundo premio absoluto á segunda mellor obra
- Premio Contemporáneo
- Premio acolchado a man
- Premio Colectivo
- Premio popular
2) Concurso-exposición Adaptación da obra "A Costureira", de Carlos Maside. Para este concurso concédese un único premio absoluto e a técnica da obras será libre.
Ademais dos premios patrocinados de edicións anteriores, este ano a Asociación otorgará un premio en metálico de 600 euros para o Concurso de temática libre e outro premio en metálico de 400 euros para o Concurso da adaptación da obra "A Costureira", de Carlos Maside.
A data límite de inscrición será o 7 de setembro e o envío de traballos realizarase dende o 13 de agosto ao 7 de setembro.
A Feira comercial terá lugar no Pavillón de Deportes de Reibón. Os cursos están por confirmar, farase chegar a información en canto se concreten os horarios, datas e actividades previstas.
No arquivo adxunto podedes descargarvos as bases para a participación no concurso e o formulario de inscrición.
jue
03
may
2012
II Encontro de Patchwork. Feria de artesanía de Ourense
Xa podedes ver as fotos do encontro na galería de fotos ou pinchando aquí.